Galicia 2021

Información sobre o proceso electoral da sede de Médicos do Mundo en Galicia

convocatoria de eleccións

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

 

Estimada Socia,

Estimado Socio,

Como se sinala no regulamento da nosa sede, o actual mandato de catro anos da xunta autonómica de Médicos do Mundo Galicia finaliza en 2021 este ano, e, por tanto, mediante esta comunicación convocamos eleccións para a constitución dunha nova xunta autonómica o próximo 18 de xaneiro de 2021.

Estas eleccións realizaranse, sempre a situación do contexto relacionado coa pandemia e os posibles confinamentos o permitan, na nosa sede sita na rúa Galeras, nº13-2º (portas 6 e 7) de Santiago de Compostela. Adiantámoslle que ese mesmo día e de maneira paralela realizarase a asemblea xeral ordinaria anual, cuxa convocatoria chegaralle en tempo e forma.

Este proceso electoral realizarase de conformidade co recollido no regulamento citado, que lle facilito neste enlace. Para todo aquilo que non se contemple nel, será de aplicación o Regulamento Electoral en vigor de Médicos del Mundo-España.

Ten máis información sobre as fases do proceso neste calendario, aínda que irémoslle avisando por correo electrónico dos momentos fundamentais do mesmo.

Sobre todo, agora queremos fixar a súa atención sobre o período de presentación de candidaturas, que irá desde hoxe mesmo, 18 de novembro até o próximo 17 de decembro, inclusive. Para presentarse, só deberá enviar ao correo galicia@medicosdelmundo.org a seguinte documentación:

  • Breve presentación persoal e motivacional da súa candidatura, en formato Word.
  • Fotocopia DNI/NIE.
  • Fotografa tipo carné.

Animámoslle encarecidamente a presentar a súa candidatura, e seguir así fortalecendo a Médicos do Mundo na nosa comunidade autónoma. Convídolle ademais a que o faga tendo en conta o regulamento autonómico, especialmente os artigos 25 e 26 sobre competencias e facultades da xunta autonómica e o artigo 19 sobre incompatibilidades que debe ter en conta á hora de presentar a súa candidatura.

Esta convocatoria, como sabe, realízase nunhas especiais circunstancias sanitarias. Por tanto, o proceso adaptarase en todo momento ás consideracións que sexan oportunas, tanto legais como sanitarias. Por iso, máis adiante facilitarémoslle información sobre a posibilidade de voto a través de correo postal. A votación presencial, de conformidade coa situación naquel momento, realizarase o citado 18 de xaneiro de 2021 de 16:30 a 18:30 horas na sede autonómica de Médicos do Mundo na Comunidade de Galicia na dirección xa mencionada.

De conformidade co citado regulamento, a xunta autonómica actual nomeou tamén a seguinte Representación Electoral que velará polo adecuado desenvolvemento do proceso:

  • Inés Fernández de Córdoba
  • Celia López
  • María de las Nieves Turienzo

A partir desta comunicación faise público na sede autonómica de Galicia e nas oficinas de A Coruña e Vigo, o censo electoral provisional de socios e socias con dereito a participar neste proceso electoral. A este respecto, dada a circunstancia social actual, poderá consultar o seu rexistro no mesmo escribindo á representación electoral a través do mesmo correo electrónico antes citado, galicia@medicosdelmundo.org

Finalmente, anímolle a seguir toda a información do proceso na web que habilitamos especificamente para o mesmo.

Calquera dúbida que se lle presente sobre o proceso, pode recibir máis información na Sede Autonómica, a través da coordinadora Iria Gippini, no teléfono 981 578 182 ou a través do enderezo: iria.gippini@medicosdelmundo.org

É importante a súa participación neste proceso, xa que entre todas as persoas que formamos parte de Médicos do Mundo decidimos cales son os nosos proxectos e obxectivos, e entre todas traballaremos xuntas os próximos anos para facer efectivo o dereito á saúde en Galicia.

Un afectuoso saúdo,

 

Celia López Carballido

Presidenta de Médicos do Mundo Galicia

Proclamación de candidaturas provisionais
Estimada socia, estimado socio 
Hoxe 18 de decembro de 2020, esta Representación Electoral ven de aceptar como candidaturas provisionais nas eleccións a xunta autonómica de Médicos do Mundo Galicia as seguintes: 
  • Juan Cores Calvo 

  • Inés Del Río Pastoriza 

  • Iria Fernández Álvarez ´

  • Gema Filgueira Garrido

  • Claudia López Martínez

  • Manuel Núñez Álvarez

  • Javier Pérez Estévez 

Queda aberto o prazo de impugnación de candidaturas, desde mañá, 19 de decembro e até o 23. E o prazo de resolución destas impugnacións, de habelas, sería até o 28 de decembro. As ditas impugnacións deberán presentarse ao correo electrónico galicia@medicosdelmundo.org 

 

En canto se resolvesen as posibles impugnacións, e como data límite no 29 de decembro, comunicaranse as candidaturas definitivas, así como a información relevante para os seguintes pasos do proceso electoral que concluirá coa xornada electoral o próximo 18 de xaneiro. 

 

Ten máis información deste proceso neste enlace. 

 

Atentamente,   

 

A Representación Electoral

Médicos do Mundo Galicia 

 

Proclamación oficial de candidaturas pola Representación Electoral

Estimada socia/Estimado socio:

Hoxe, 29 de decembro de 2020, esta Representación Electoral, non presentándose impugnación algunha ás candidaturas provisionais comunicadas, aceptou como definitivas nas eleccións á xunta autonómica de Médicos do Mundo Galicia, as seguintes:

  • Juan Cores Calvo
  • Inés Del Río Pastoriza
  • Iria Fernández Álvarez
  • Gema Filgueira Garrido
  • Claudia López Martínez
  • Manuel Núñez Álvarez
  • Javier Pérez Estévez

Asemade, informámoslle de que a emisión do voto poderá ser por dúas vías:

Sempre que o contexto o permita, de forma presencial o día da asemblea (18 de xaneiro). Nos próximos días enviarémoslle máis información sobre a mesa electoral segundo evolucione a situación sanitaria.

Por correo postal, opción que lle pedimos considerar especialmente dada a situación sanitaria. Para esta segunda opción, estamos enviando esta comunicación por correo electrónico e tamén por correo postal ao seu domicilio, xunto coa documentación necesaria e debe atender as seguintes instrucións:

  • Sinale cunha cruz na papeleta, as persoas ás que quere votar, até un máximo de sete.
  • Introduza a papeleta no sobre pequeno, sen identificación, e pécheo.
  • Introduza no sobre grande co selo e enderezo de Médicos do Mundo, o seguinte:
    • Unha fotocopia do seu documento de identificación (DNI, Pasaporte, Carné de conducir, Certificado de inscrición no Rexistro Xeral de Persoas Estranxeiras ou Carta de identidade de persoa estranxeira).
    • O sobre pequeno que contén a papeleta.
  • Envíe o sobre co selo e enderezo de Médicos do Mundo, por correo postal. A data tope de recepción é o 17 de xaneiro de 2021. Recomendamos o envío da carta unha semana antes.

Para calquera aclaración ou dúbida, pode poñerse en contacto con Médicos do Mundo a través do correo electrónico galicia@medicosdelmundo.org ou do teléfono 981 578 182.

Queda convidada/convidado a participar no proceso, reciba un cordial saúdo

Atentamente,

 

A Xunta Electoral

Médicos do Mundo Galicia

Convocatoria de asemblea

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021

Estimada Socia, Estimado Socio, 

En nome da xunta directiva de Médicos do Mundo, quérolle convocar á Asemblea autonómica que se realizará, dada a actual situación sanitaria, a través da Plataforma Teams o próximo 18 de xaneiro, ás 17:30 en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda. 

A orde do día proposta é a seguinte: 

1.- Saúdo da Xunta Directiva. 

2.- Informe de actividade de 2019. 

3.- Avance de informe de actividade 2020. 

4.- Peche económico 2019 e Orzamentos 2019 e 2020. 

5.- Lectura de resultados proceso electoral autonómico. 

6.- Rogos e preguntas. 

A asemblea levarase a cabo completamente de maneira telemática dadas as necesidades de prevención sanitaria existentes que implican a toma de medidas de distanciamento físico, así como a existencia de confinamentos perimetrais municipais.  

Con carácter xeral, por tanto, non será posible por este motivo asistir presencialmente á asemblea, e só excepcionalmente valorarase, caso a caso, a posibilidade de habilitar un espazo con computador nas oficinas da organización en Vigo e Santiago de Compostela a aquelas persoas que comuniquen a galicia.mobilizacion@medicosdelmundo.org a súa imposibilidade de seguir a asemblea por Internet. Ademais, sempre se deberá ter en conta que o aforo é limitado e o uso das medidas de prevención (máscara, hixiene de mans e distancia social) será obrigatorio. Esta posibilidade está suxeita ao plan de prevención de riscos establecido pola sede autonómica. 

Doutra banda, de conformidade cos estatutos da organización e o regulamento da sede, poderase delegar a representación na asemblea noutra persoa socia, que poderá representar até un máximo de cinco delegacións de voto. Para iso, excepcionalmente, e dadas as características especiais desta asemblea, será suficiente con que a persoa que delega envíe un correo electrónico a galicia.mobilizacion@medicosdelmundo.org antes das 10:00 horas do mesmo 18 de xaneiro no que se identifique claramente (incorporando unha foto de NIF/NIE) e comunique a súa delegación de representación noutra persoa socia da organización, cuxo enderezo de correo electrónico deberá constar necesariamente en copia deste envío. 

En canto ao proceso electoral que como sabes temos aberto, queremos pedirlle que teña moi en conta o seguinte: 

  • Animámoslle para que envíe o seu voto postal canto antes conforme á documentación que debeu recibir no seu domicilio hai uns días. Se dadas as datas non recibiu aínda a documentación para o voto postal, pode comunicalo canto antes para facilitarlle a papeleta a través de correo electrónico. 

  • A Representación Electoral autonómica validou, dada a situación excepcional, e co fin de garantir a participación das persoas socias que así o desexen, dar por bos os votos postais que poidan chegar á oficina de Santiago o luns 18 pola mañá. 

  • A mesa electoral será posible no lapso de 16:30 a 17:00 horas do 18 de xaneiro na oficina de Santiago de Compostela, sita na rúa Galeras, 13-2º (portas 6 e 7). Ante a previsible imposibilidade por parte da Representación Electoral de acudir en persoa á constitución da mesa dado o peche da cidade, a xunta directiva habilitou a Inés Requejo, socia da organización en Santiago de Compostela, para apoiar o proceso e a representación Electoral seguirá e validará o proceso vía internet. 

Igualmente, a Xunta Directiva informa de que esta convocatoria se fai extensiva a todas as persoas voluntarias que colaboran coa nosa organización, que poderán participar na asemblea vía telemática e recoñeceráselle o pleno dereito a intervir na mesma, aínda que non terán dereito a voto. 

Para non alargar este correo, a finais desta semana comunicarémoslle a ligazón definitiva da asemblea e instrucións para realizar a acreditación na mesma. Tamén  facilitaremos unhas sinxelas instrucións de uso da aplicación Teams. 

Estamos á súa disposición no correo galicia.mobilizacion@medicosdelmundo.org e agradecémoslle a súa comprensión dada a situación e o seu interese en participar neste importante espazo asociativo. 

En nome da Xunta Directiva en Funcións de Médicos do Mundo 

Celia López 

 

RESULTADOS PROVISIONAIS

COMUNICACIÓN RESULTADOS PROVISIONAIS

ELECCIÓNS A XUNTA DIRECTIVA DE MÉDICOS DO MUNDO, 2021

Estimado socio, estimada socia

Unha vez terminada a xornada electoral correspondente ao proceso de eleccións para a renovación da Xunta Directiva de Médicos do Mundo, queremos comunicarlle os resultados.

Voto por modalidade:

  • Votos presenciais: –
  • Votos por correo postal: 10

Reconto:

  • Votos emitidos: 10
  • Votos válidos: 9
  • Votos a candidaturas: 9
  • Votos en branco: –
  • Votos nulos: 1
  • Porcentaxe de participación:  10/37: 27,02 %

Resultados provisionais por candidaturas:

Juan Cores Calvo_8

Inés del Río Pastoriza_9

Iria Fernández Álvarez_6

Gema Filgueira garrido_9

Claudia López Martínez_9

Manuel Núñez Álvarez_7

Javier Pérez Estévez_7

Non habendo aspectos que destacar do reconto, trasládanse os resultados polos medios propios da organización en calidade de resultados provisionais e abríndose a partir de mañá o período de cinco días para impugnacións, a través da conta galicia.mobilizacion@medicosdelmundo.org, aberto até o 23 de xaneiro de 2021, inclusive.

Se non media outra comunicación respecto disto, os presentes resultados serán considerados definitivos para todos os efectos a partir do próximo 29 de xaneiro, debendo darse nese caso por proclamadas as candidaturas citadas como integrantes da Xunta Directiva de Médicos do Mundo posto que o máximo de membros establecido polo regulamento autonómico é de sete, non existindo neste caso, reservas.

De novo volvemos a agradecerlle a súa participación neste proceso fundamental para a asociación.

 

Un cordial saludo,

 

Representación Electoral de Médicos do Mundo

 

 

Horario

18 de xaneiro de 2021, 16:30 a 18:30

Localización

Rúa Galeras, nº13-2º (portas 6 e 7) de Santiago de Compostela

E se necesito apoio?

Contacto: galicia@medicosdelmundo.org