Galicia 2021

Información sobre o proceso electoral da sede de Médicos do Mundo en Galicia

convocatoria de eleccións

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020

 

Estimada Socia,

Estimado Socio,

Como se sinala no regulamento da nosa sede, o actual mandato de catro anos da xunta autonómica de Médicos do Mundo Galicia finaliza en 2021 este ano, e, por tanto, mediante esta comunicación convocamos eleccións para a constitución dunha nova xunta autonómica o próximo 18 de xaneiro de 2021.

Estas eleccións realizaranse, sempre a situación do contexto relacionado coa pandemia e os posibles confinamentos o permitan, na nosa sede sita na rúa Galeras, nº13-2º (portas 6 e 7) de Santiago de Compostela. Adiantámoslle que ese mesmo día e de maneira paralela realizarase a asemblea xeral ordinaria anual, cuxa convocatoria chegaralle en tempo e forma.

Este proceso electoral realizarase de conformidade co recollido no regulamento citado, que lle facilito neste enlace. Para todo aquilo que non se contemple nel, será de aplicación o Regulamento Electoral en vigor de Médicos del Mundo-España.

Ten máis información sobre as fases do proceso neste calendario, aínda que irémoslle avisando por correo electrónico dos momentos fundamentais do mesmo.

Sobre todo, agora queremos fixar a súa atención sobre o período de presentación de candidaturas, que irá desde hoxe mesmo, 18 de novembro até o próximo 17 de decembro, inclusive. Para presentarse, só deberá enviar ao correo galicia@medicosdelmundo.org a seguinte documentación:

  • Breve presentación persoal e motivacional da súa candidatura, en formato Word.
  • Fotocopia DNI/NIE.
  • Fotografa tipo carné.

Animámoslle encarecidamente a presentar a súa candidatura, e seguir así fortalecendo a Médicos do Mundo na nosa comunidade autónoma. Convídolle ademais a que o faga tendo en conta o regulamento autonómico, especialmente os artigos 25 e 26 sobre competencias e facultades da xunta autonómica e o artigo 19 sobre incompatibilidades que debe ter en conta á hora de presentar a súa candidatura.

Esta convocatoria, como sabe, realízase nunhas especiais circunstancias sanitarias. Por tanto, o proceso adaptarase en todo momento ás consideracións que sexan oportunas, tanto legais como sanitarias. Por iso, máis adiante facilitarémoslle información sobre a posibilidade de voto a través de correo postal. A votación presencial, de conformidade coa situación naquel momento, realizarase o citado 18 de xaneiro de 2021 de 16:30 a 18:30 horas na sede autonómica de Médicos do Mundo na Comunidade de Galicia na dirección xa mencionada.

De conformidade co citado regulamento, a xunta autonómica actual nomeou tamén a seguinte Representación Electoral que velará polo adecuado desenvolvemento do proceso:

  • Inés Fernández de Córdoba
  • Celia López
  • María de las Nieves Turienzo

A partir desta comunicación faise público na sede autonómica de Galicia e nas oficinas de A Coruña e Vigo, o censo electoral provisional de socios e socias con dereito a participar neste proceso electoral. A este respecto, dada a circunstancia social actual, poderá consultar o seu rexistro no mesmo escribindo á representación electoral a través do mesmo correo electrónico antes citado, galicia@medicosdelmundo.org

Finalmente, anímolle a seguir toda a información do proceso na web que habilitamos especificamente para o mesmo.

Calquera dúbida que se lle presente sobre o proceso, pode recibir máis información na Sede Autonómica, a través da coordinadora Iria Gippini, no teléfono 981 578 182 ou a través do enderezo: iria.gippini@medicosdelmundo.org

É importante a súa participación neste proceso, xa que entre todas as persoas que formamos parte de Médicos do Mundo decidimos cales son os nosos proxectos e obxectivos, e entre todas traballaremos xuntas os próximos anos para facer efectivo o dereito á saúde en Galicia.

Un afectuoso saúdo,

 

Celia López Carballido

Presidenta de Médicos do Mundo Galicia

 

 

Horario

18 de xaneiro de 2021, 16:30 a 18:30

Localización

Rúa Galeras, nº13-2º (portas 6 e 7) de Santiago de Compostela

E se necesito apoio?

Contacto: galicia@medicosdelmundo.org